MÚSICA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN: publicidade e cine

MÚSICA E PUBLICIDADE 





MÚSICA E CINE 
 OBRADOIRO DE CINE

Esquema de comentario para música de cine

Introdución: sempre introducimos a película: dicimos título, autor, ano, lugar...
Dentro da introdución debemos especificar se imos analizar a música da película en xeral ou imos describir e explicar só un fragmento. Neste caso contextualizamos: explicamos o argumento xeral e logo concretamos o fragmento que imos analizar.

Desenvolvemento do comentario: esta é a parta onde analizamos a música. Podemos facelo de varias maneiras:

1. Mencionar todas as funcións da música e logo explicar unha por unha con cada escena.
2. Ir explicando cada escena e falando da función que ten a música nela.

Final: conclusión (non se trata de dar unha opinión moi persoal senón de facer un comentario obxectivo) por exemplo: falar do contexto da película no seu momento histórico e cómo a música funciona ou non nese filme, facer un miniresumo de todo o explicado anterioremente...

Pódense engadir outras cousas ao comentario... pero debes organizalo de maneira que teña sentido e orden.


Web abalar sobre cine